Artigos de Xosé Ríos

Kolchak e os ianquis

A invasión imperialista contra a Rusia durou 2 anos. Os primeiros en chegar á localidade de Murmansk foron os ingleses. O soviético Yuri Poliakov recordaba aquel 09 de Marzo de 1918 no que “200 soldados ingleses descenderon do “Glory” e marcharon en formación ata a cidade. O redobre de tambor e o ruído pesado das botas anunciaron a intervención armada contra o noso país”. Axiña sumarianse Francia, EE.UU., e o Xapón. Este último desembarcou o 05 de Abril dese ano en Vladivostok, iniciando a invasión no Extremo Oriente e Siberia.

"O novo endebedamento: Next Generation"

Por mor da pandemia, na UE puxéronse en marcha os fondos “Next Generation”, un programa de axudas directas e préstamos para os Estados Membros. Aínda lembro algúns artigos, coma o de Rubén Cela, onde se alertaba da falla de transparencia destes Fondos ao estar orientados a intereses de consorcios privados, co risco de xerar máis endebedamento público.

O proceso avante no BNG

Trala Asamblea Nacional do 2017, o Proceso Avante ficou lonxe de converterse nun acto de reflexión interna no seo do BNG. Concevín aquel proceso interno como a resposta á perda de peso do nacionalismo nas distintas institucións en favor de En Marea, posto que o BNG xa viña perdendo apoios na sociedade dende a época do Quintanismo; un feito éste que non inquietou á maioiría da por entonces Executiva Nacional, á vista da intención de convocar Asambleas Nacionais por delegadas en troques de militantes.