A Audiencia da Coruña deixa en liberdade o último detido polo crime de Samuel, pero prohíbelle saír de España

Considera que "non existen motivos" neste momento procesual para manter a prisión provisional.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 02/11/2021 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña estimou o recurso de apelación presentado pola defensa do último detido polo crime de Samuel Luiz, A.M.R., e decidiu deixalo en liberdade ao entender que "non existen motivos" neste momento procesual para manter a prisión provisional.

Un axente leva arrestado a un dos acusados para declarar como presunto autor da malleira que causou a morte a Samuel Luiz na Coruña o 3 de xullo de 2021
Un axente leva arrestado a un dos acusados para declarar como presunto autor da malleira que causou a morte a Samuel Luiz na Coruña o 3 de xullo de 2021 | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Así o informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que indicaron que se adoptou esta decisión tras a deliberación mantida este martes despois da celebración da vista sobre a petición de liberdade formulada polo apelante.

O tribunal impúxolle ao arrestado, que segue como investigado na causa, a obriga de comparecer cada semana e cantas veces fose chamado ante o xulgado que tramita a causa, así como a prohibición de abandonar o territorio estatal.

Por iso, acordou a retención do seu pasaporte ou, no caso de que non dispoña dese documento, a prohibición de que se lle expida. A Sección Primeira da Audiencia Provincial adiantou este martes o fallo ás partes, o que supón a inmediata posta en liberdade do investigado.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial adiantou este martes o fallo ás partes, o que supón a inmediata posta en liberdade do investigado.

Con esta detención, pola morte de Samuel Luiz, na madrugada do 3 de xullo á saída dun local de lecer nocturno na Coruña e cando estaba a realizar unha videochamada cunha amiga, son sete os arrestados, cinco adultos e dous menores.

Dos primeiros, tres seguen en prisión, mentres que á única moza, en liberdade con cargos e con comparecencias nos xulgados, súmase agora A.M.R. tras a decisión adoptada sobre a súa posta en liberdade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta