O "asfalto verde": un proxecto galego para conseguir estradas máis sostibles e seguras

A Axencia Galega de Innovación vén de premiar este produto resultante da alianza entre empresas e grupos de investigación da Comunidade galega.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A conciencia ecolóxica, que ata os anos 90 era máis ben marxinal, enchoupa agora todos os eidos da vida pública: dende a política á economía, é rara a plataforma, empresa ou institución pública que se non se adhire de forma expresa á loita verde. De aí tamén que moitas das descubertas científicas e empresariais dos últimos anos vaian na liña da sostibilidade e a creación de novas soucións que permitan manter un bo nivel de vida en certo equilibrio co medio.

Autoestrada AP-7
Autoestrada AP-7 | Fonte: European Roads.

A derradeira das invencións en dar o salto é o "asfalto verde" ideado polo Centro Tecnolóxico CETIM, cuxas instalacións se atopan na provincia da Coruña. O proxecto ideado polo Centro vén de gañar o I Certame de materiais innovadores da GAIN --Axencia Galega de Innovación, dependente da Xunta-- ao incluír un material de orixe natural, como é a nanocelulosa, para facer estradas máis sostibles e menos contaminantes.

Este proxecto, implicado coa economía circular, daría como resultado un pavimento cun máis seguro en circunstancias de choiva, cuestión que dende o Centro ven de grande relevancia a raíz do húmido clima galego. Aséntase así un futuro prometedor para este produto liderado pola empresa ourensá Misturas, S.A. e no que participaron o Grupo de Estradas, Xeotecnia e Materiais do CITEEC da Universidade da Coruña e a área de Materiais avanzados de CETIM Centro Tecnolóxico, resultando gañador na categoría Empresa & Investigación do I Certame de Materiais Innovadores de Galicia. O evento, promovido e organizado pola Axencia  Galega de Innovación ( GAIN), coincidiu co Día Mundial dos Materiais.

A idea do proxecto xurdiu dos coñecementos previos do CETIM en materiais lignocelulósicos e de construción sostible. Segundo apuntan dende o propio centro, "as sinerxias entre as tres entidades resultaron chave, e absolutamente necesarias, para o deseño e elaboración deste innovador biopavimento". Así, detallan que Misturas, S.A. contratou aos dous grupos de investigación e o traballo distribuíuse de maneira o que CETIM se ocupou de deseñar e fabricar novos tipos de  emulsións bituminosas, nas que se incluíron distintos tipos de  nanocelulosa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta