En só unha década, a especie asiática asentouse en todo o territorio galego grazas á súa boa adaptación no ecosistema atlántico, a ausencia de inimigos naturais e un clima cada vez máis suave que multiplica o seu éxito reprodutivo.
  comenta   0
Adrián Regos, investigador da Misión Biolóxica de Galicia (MBG), alerta de que os incendios están a redefinir a paisaxe do Xurés-Gerês e reclama un novo modelo de xestión forestal que combine agricultura, monte e biodiversidade.
  comenta   0
Visita as accións de restauración forestal e prevención de incendios impulsadas polo Laboratorio Ecosocial do Barbanza.
  comenta   0
Os socialistas lembraron que a Xunta xa se ausentou doutras reunións co Goberno central cando se abordou a repartición de menores migrantes, que "romperon por orde de Xénova"; co financiamento autonómico, "cando renunciaron a defender o que corresponde a Galicia; e repíteno " agora, cun tema tan serio como o cambio climático".
  comenta   0
Unha primavera bastante húmida, secas extremas e ondas de calor prolongadas xeraron "vexetación preparada para arder". Expertas reclaman cumprir a lexislación de prevención e integrar a ciencia nas decisións.
  comenta   0
A conselleira de Medio Ambiente advirte de que Galicia perdería 2.000 millóns do Fondo Social para o clima pola "inacción do Goberno".
  comenta   0
A ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, asegurou que o obxectivo é "tentar sacar adiante este gran acordo pola vivenda que cre que demanda a cidadanía española".
  comenta   0
Besteiro avisa que Altri ten moi difícil instalarse en Galicia e Pontón acusa ao presidente galego de fomentar discursos "de odio e racismo". Rueda responde ninguneando ao primeiro e acusando de "extremista" á segunda.
  comenta   0
Acusa a Sánchez de ocultar a súa "inoperancia" e lembra que non saben nada da partida do Fondo Social para o clima da UE.
  comenta   0
O plan de xestión para a Costa de Dexo, en Oleiros, busca establecer usos e actividades permisibles, así como limitacións e medidas que se consideren necesarias para a conservación do espazo
  comenta   0
O océano está perdendo a súa capacidade de autorregular o clima. Un cambio profundo e silencioso que xa afecta á vida mariña e pon en risco a base económica e ecolóxica de rexións como Galicia. A ciencia alerta: non estamos ante un futuro distante, senón ante un presente que xa reborda os límites.
  comenta   0
Vivimos nun planeta inmenso pero fráxil, onde a clave do cambio climático non está na superficie senón a 2.000 metros de profundidade, nas augas máis escuras e frías que rodean a Antártida. Alí, unha reestruturación brutal da circulación oceánica profunda, impulsada polo derretemento do xeo e pola acción humana, está a alterar o ritmo do clima global a unha velocidade inédita, unha ameaza silenciosa e invisible que podería definir o futuro da Terra durante os próximos séculos.
  comenta   0
En Galicia, cultivar froita é un acto de resistencia diaria: fronte a un clima cada vez máis imprevisible, a presión do mercado e pragas que avanzan con forza, como o pulgón verde, o cincento ou o laníxero. Os fruticultores galegos fan un traballo invisíbel e vital, que vai moito máis alá de agardar a que a colleita chegue.
  comenta   0
A Real Academia Galega de Ciencias coordinará este ciclo, que se celebrará do 16 ao 19 de xuño no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) e en Santiago de Compostela.
  comenta   0
Como se pode comprobar, case diariamente, dende o pasado mes de Novembro -co trunfo de Trump nas eleccións presidenciais norteamericanas- o foco da atención internacional está practicamente concentrado no que se cociña nos despachos da Casa Branca.
  comenta   0
"O picudo veu para quedar, como a covid nos humanos", alerta Rosa Pérez Otero, técnica da Estación Fitopatolóxica Areeiro que pide que non se realicen as podas no verán, porque "o cheiro que desprenden as palmeiras ao cortalas atrae a máis picudos".
  comenta   1
Galicia é preciosa, si, pero tamén é verdade que o clima pode xogarnos unha mala pasada. Choivas persistentes, humidade a lume de biqueira e días fríos que se alargan máis da conta fan que ter un bo illamento térmico non sexa un capricho, senón unha necesidade real.
  comenta   0
Antonio Rigueiro, profesor emérito da USC e presidente da Asociación Forestal de Galicia, advirte de que "é bo diversificar e frear a expansión abusiva e desordenada do eucalipto, pois, do contrario, as consecuencias para o monte galego serán moi graves". A moratoria, di, serviu para frear a febre plantadora, pero non abonda: "Se esta remata, a situación podería volver ser igual ou mesmo peor que antes".
  comenta   0
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, lembrou que as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (GEI) reducíronse en Galicia en 2023 nun 61,7 % con respecto a 1990, ano de referencia a nivel comunitario para as políticas climáticas.
  comenta   0
"Moitos artigos da nosa prensa especializada falan de que no ano 2050 a metade da poboación con hábitos de vida occidentalizados vai ter un problema alérxico, é dicir, fálase dunha epidemia non infecciosa", indican dende a Sociedade Española de Inmunología Clínica Alergología e Asma Pediátrica (SEICAP).
  comenta   0
Ante os insultos en redes sociais pide "acabar co anonimato" e critica que se busca "destruír ao adversario político a nivel persoal".
A media de reservas sitúase no 45% e os prezos por noite oscilan entre os 22 e os 172 euros segundo o tipo de aloxamento
  comenta   0
O Executivo autonómico está contento polo logro da competencia do litoral, aínda que non foi un camiño fácil, tendo en conta que houbo recurso xudicial á lei autonómica e, incluso unha vez pechada a transferencia, unha negociación non exenta de discrepancias entre ambas as administracións para concretar termos e a cesión de medios.
  comenta   0
Galicia é terra de néboas, bosques centenarios e costas batidas polo océano Atlántico. Unha paisaxe que alimentou dende tempos inmemoriais un rico universo mitolóxico. Galicia Confidencial explora a orixe, as historias e o significado destes seres na cultura galega. Porque, en Galicia, a fronteira entre o mundo visible e o invisible é máis delgada do que parece.
  comenta   0
Norvento construirá en Lugo unha fábrica de última xeración que fabricará aeroxeradores de vangarda, equipos de almacenamento de baterías avanzados e convertidores de enerxía modernos.