Viaqua e Valedora do Pobo forxan alianzas pola "transparencia" na xestión da auga

Asinan un convenio de colaboración co obxectivo de incrementar a transparencia do servizo de auga e axilizar a resposta aos usuarios.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2021 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

A xerente de Viaqua en Santiago, Ana Tejeiro Sandomingo, e a Valedora do Pobo en Galicia, Dolores Fernández Galiño, asinaron un convenio que ten como fin impulsar a colaboración entre ambas entidades. Para iso, fixaron unha liña de comunicación directa e áxil, co obxectivo de seguir incrementando a transparencia da xestión dun servizo básico e esencial como é o abastecemento de auga, e a rapidez de resposta en caso de incidencia cos usuarios.

A xerente de Viaqua en Santiago, Ana Tejeiro Sandomingo, e a Valedora do Pobo en Galicia, Dolores Fernández Galiño
A xerente de Viaqua en Santiago, Ana Tejeiro Sandomingo, e a Valedora do Pobo en Galicia, Dolores Fernández Galiño | Fonte: Viaqua

Unha das accións obxecto de dito convenio é a creación dun grupo de traballo no que resolver os casos que reciba a Valedora do Pobo. Neste grupo de traballo, estará presente a

figura do Customer Counsel, (Defensor do Cliente), figura que Viaqua pon ao dispor dos seus

clientes para resolver aqueles conflitos que puidesen xurdir entre a empresa e os usuarios,

buscando solucións nunha contorna amigable.

Durante a firma, Ana Tejeiro, xerente de Viaqua en Santiago, declarou que “en liña cos principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas, aspiramos a ser un referente de bo goberno e xestión ética incorporando á nosa xestión os principios de transparencia, responsabilidade ética e bo goberno, mediante políticas corporativas e estándares de alto nivel en materia de goberno da empresa, que teñen como obxectivo reforzar a nosa cultura de cumprimento e ética empresarial". 

Por outra banda, a Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, afirmou que é fundamental

protexer as persoas vulnerables e traballar para erradicar a pobreza, facendo fincapé no obxectivo 6 da axenda 2020: “Protexer e restablecer os ecosistemas relacionados coa auga”

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta