Feridas tres persoas nunha colisión entre un camión e un coche en Caldas de Reis

Por E.P. | PONTEVEDRA | 19/11/2021 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

Tres persoas foron trasladadas a un centro médico despois de que chocasen un camión de lixo e un turismo no punto quilométrico 101 da estrada N-550 ao seu paso polo municipio de Caldas de Reis.

Segundo informou o 112 Galicia, este accidente produciuse uns minutos antes das 10,30 horas deste venres e varias persoas particulares contactaron co servizo de emerxencias para alertar dos feitos.

Tras iso, os xestores do CIAE 112 solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, dos Bombeiros de Vilagarcía de Arousa e de Protección Civil.

Segundo informaron posteriormente os Bombeiros do Salnés ao 112 Galicia, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vilagarcía tiveron que acceder a través ao lado dereito do coche para liberar aos feridos.

Accidente dun camión
Accidente dun camión | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta