Rajoy, 10 anos despois da súa maioría absoluta: "Encargáronnos sacar a España dunha crise e fixémolo"

"Foi unha honra deixar unha España mellor que a que recibimos", apuntou en Twitter con motivo do aniversario.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2021 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

O expresidente do Goberno Mariano Rajoy lembrou este sábado que se cumpren dez anos da súa maioría absoluta nas eleccións do 20 de novembro de 2011 que os españois encargaron ao Partido Popular "sacar a España dunha crise devastadora" e que, nas súas palabras, así o fixeron. "Foi unha honra deixar unha España mellor que a que recibimos", escribiu o que fora líder do Executivo entre 2011 e 2018 nunha mensaxe que publicou no seu perfil na rede social Twitter.

Rajoy sinalou que foi "un orgullo" poder vencer nas eleccións "coa axuda de tanta xente e coa entrega xenerosa de todo o Partido Popular". "A todos, grazas", resolveu o exdirigente 'popular'. Líder da oposición durante os dous mandatos -- 2004-2008 e 2008-2011-- do Goberno socialista de José Luís Rodríguez Zapatero, Rajoy obtivo a vitoria o '20N' con 186 escanos e un 44,63 por cento dos votos fronte ao PSOE, que obtivo 110 escanos e un 28,76 por cento dos votos.

O expresidente do Goberno Mariano Rajoy. Alejandro Martínez Vélez - Europa Press
O expresidente do Goberno Mariano Rajoy. Alejandro Martínez Vélez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta