Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/11/2021 | Actualizada ás 14:35
As compras online seguen en aumento e con elas os ciberdelitos con ataques informáticos a diario a empresas e particulares. O Black Friday que se celebra este venres 26 de novembro e o seu complemento cibernético, o "Ciberluns" está adicado principalmente ás compras por internet, e estas ciberestafas incrementaranse se cabe aínda máis.
O Colexio Profesional de Enseñaría en Informática de Galicia (CPEIG) explica que o comercio electrónico é un sistema de compravenda de produtos e servizos que está cada vez máis de moda e suma adeptos día tras día.
Nestes días de gran volume de compras online, unha das principais ciberameazas é o phishing, tipo de estafa coa que os ciberdelincuentes rouban o nome de usuario e o contrasinal. O CPEIG sinala que para realizar este ciberdelito, os atacantes envían un correo, simulando ser unha marca ou tenda coñecida no que se inclúe un enlace a un portal falso e solicitan os datos do usuario.
Para protexerse contra un ataque de phishing, en lugar de facer clic no enlace do correo electrónico, o CPEIG explica que o consumidor debe ir directamente ao sitio web da marca real e iniciar sesión alí. "O phishing é o punto de partida do 90% de ciberataques que se producen actualmente" engade Suárez, presidente do CPEIG.
Segundo datos da Delegación do Goberno en Galicia, existe constancia oficial de case 13.000 vítimas de ciberestafas cometidas entre xaneiro e setembro de 2021 en Galicia, o que supón un incremento do 51% respecto a 2020.
RECOMENDACIÓNS COMPRAS INTERNET
O CPEIG recomenda non facer compras conectados a unha rede wifi pública. Hai que asegurarse de que se visitan webs seguras, comprobando que na parte superior apareza o cadeado de SSLO. A privacidade é fundamental polo que é importante que xamais se revele a información persoal (nº de tarxeta, dirección...) por email ou teléfono.
Utiliza unha tarxeta só para compras por internet, unha boa opción é ter unha de prepago, a cal se utilice para só para eses fins. Mesmo moitas entidades bancarias ofrecen tarxetas virtuais para este tipo de compras.
E por último, utiliza o sentido común. Desconfía de aquelas ofertas demasiado atractivas e utiliza webs de confianza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.