Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2021 | Actualizada ás 20:38
A organización ecoloxista Amigos da Terra puxo en marcha a campaña '#RetoResiduoCero' co obxectivo de concienciar á cidadanía e reclamar un novo modelo de produción e consumo. Con esta campaña, explica que busca mostrar en redes sociais, a través de fotos e vídeos, "como a cidadanía xa está a pór en marcha alternativas para vivir mellor con menos consumo e menos residuos".
Ademais, afirma que estas accións se traducen nunha demanda ao Goberno para que se aprobe unha lexislación "que favoreza un modelo de produción e de consumo acorde á crise ecolóxica e climática que vivimos". Neste sentido, reclama unha aposta decidida pola prevención de residuos, así como a "responsabilidade da industria á hora de transformar o modelo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.