O Sergas cita a máis de 2.000 veciños do Grove a un cribado esta fin de semana

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 24/11/2021 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

O Sergas citou un total de 2.260 veciños do Grove de entre 60 e 79 anos a un cribado de detección de coronavirus que terá lugar esta fin de semana.

Segundo informa a Xunta, levarase a cabo na Casa da Terceira Idade do Corgo tanto o sábado como o domingo, entre 9,00 e 14,00 horas, así como de 16,00 a 21,00 horas.

Para esta iniciativa contarase con dous equipos de enfermaría por quenda. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés reitera á poboación a importancia de acudir a estas citacións, ademais de insistir en manter as medidas de protección.

Mozos acoden a un dispositivo de cribado masivo de covid-19
Mozos acoden a un dispositivo de cribado masivo de covid-19 | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta