Prohibidas as protestas en Vigo ante a visita do Príncipe

Varias asociacións critican que se lle teñan denegado permisos para realizar actos de protesta que se realizan diariamente e que nada teñen que ver con esta visita.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 21/03/2014 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A plataforma de afectados por abusos bancarios denuncia que a subdelegación do Goberno en Pontevedra denegoulle o permiso para concentarse diante de varios bancos da cidade como levan facendo diariamente desde hai seis meses. A razón desta situación está na visita do Príncipe Felipe a esta cidade. 

A plataforma de afectados por abusos bancarios nunha protesta diante do Banco Popular
A plataforma de afectados por abusos bancarios nunha protesta diante do Banco Popular

Este grupo leva meses protestando diante dos bancos, principalmente, diante do Banco Popular,  por ser o que ten a cláusula do chan máis alta de toda Galicia e negarse en banda a negociar con moitos dos afectados. 

Para estas protestas piden sempre un permiso á Subdelegación de Goberno,  que non foi denegada en ningún caso salvo para o día concreto da visita do Príncipe de Asturias, que acudirá a Pontevedra para unha comida da confederación de empresarios. 

Avisar con antelación

Como excusa, a subdelegación esixiulle a esta plataforma que debía comunicar con dez días de antelación a concentración. "O mesmo ten pasado co resto de plataformas de protesta bancaria que fixeron o propio para o mesmo día: permiso denegado", denuncia. 

Por eso, critica esta situación e lembra a importancia destas reivindicacións. "Hai casos coñecidos de quen se quitou a vida para tentar que a súa familia viva da indemnización pertinente", apunta. A plataforma chama á alarma social por este feito, e insiste que "violencia é traballar toda a vida para non ter nin os dereitos por cuxa reinvindicación xa encarceraron a moitos".

Visita principesca

O Príncipe Felipe visitará a cidade para o acto de engrega da Medalla de Ouro que lle fará a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) en recoñecemento ao seu labor como "embaixador dos servizos, produtos e empresas españolas, fortalecendo e impulsando os intercambios e axudando a equilibrar a nosa balanza comercial".

O acto culminará cunha comida no Hotel Los Escudos e previamente o Príncipe estará en Santiago presidindo un acto na Cidade da Cultura con motivo da inauguración da exposición "Auga Doce".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Foucellas

Ou camiñamos xntos e deixamos as "contradiccións ideolóxicas" ou en pouco tempo as xuventudes fascias do pepe desfilarán polar rúas, os seguratas das neoxuventudes católicas andarán armados, e as cunetas volverán a estar suxas coa nosa sangue. Despois nos lamentaremos, que si son do BNG, da CIGA, de AXE, do carfio vintenove. Sigamos xogando a puros e demais parálise social das esquerdas.

4 Selena

Cando Franco visitaba Vigo,a policía retía-detía as persoas máis significadas pola súa capacidade de mobilización e protesta. Estes cachorros franquistas saíron alumnos aventaxados.

3 Foucellas

Disolución de corpos represivos. PP-OPUS DEI-FALANJE DE LAS JONS-PNV-CIU-UPyD-VOX fóra das instutuicións por nacionais-católicos.

2 Vilarejos de Potemkin

Inspiram-se nisto: http://kireeff.blogspot.com/2010/04... E mais nisto: http://es.wikipedia.org/wiki/Bienve...,_Mister_Marshall

1 GZ non é Espanha

Espero que a policia garanta a paz i evite as exaltacións de nacionalismo espanhol que poideran producirse na visita do herdeiro espanhol. A algarabía dos pro-golpistas (os que defenden a intervención dos corpos de seguridade i o exército contra o dereito de autodeterminación da GZ) coas suas bandeiras, berros que lembran o levantamento do trinta e seis, e as molestias na rua debían ser debidamente controladas.