Representantes da CIG concéntranse ante a refinaría de Repsol para esixir unha "transición galega xusta"

A protesta terá continuidade o vindeiro xoves, 2 de decembro.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/11/2021 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

Representantes da CIG concentráronse ante a refinaría de Repsol, na Coruña, para esixir unha "transición galega xusta" no sector dos carburantes e biocarburantes.

Protesta da CIG ante a refinaría de Repsol. CIG
Protesta da CIG ante a refinaría de Repsol. CIG | Fonte: Europa Press

Tamén demandaron que se garanta, no marco do proceso de descarbonización da economía, a posta en marcha de alternativas de reindustrialización e creación de postos de traballo nos territorios afectados.

A protesta terá continuidade o vindeiro xoves, 2 de decembro, cunha concentración, ás 14,45 horas, na planta de Vertex Bioenergy de Curtis, mentres que o xoves, 9 de decembro, as reivindicacións trasladaranse á planta de Masol Iberia Biodiésel de Ferrol, ás 10,00 horas.

Con estas mobilizacións, explicou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, a central nacionalista quere demandar das empresas investimentos e medidas para afrontar o proceso de descarbonización da economía e reclamar dos gobernos plans de actuación "para que realmente haxa unha transición e non unha demolición".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta