Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/11/2021 | Actualizada ás 19:23
O 58% das empresas galegas están familiarizadas cos conceptos de riscos e só una de cada seis empresas dispón dunha política neste ámbito. Ademais, cando esta existe, nun 98% dos casos non se axusta aos estándares internacionais. Así o recolle un informe encargado pola Fundación Inade (Instituto Atlántico do Seguro) á Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Tamén establece o estudo que a figura do xerente de riscos é case inexistente e falla a comunicación de información entre o xerente de riscos e a alta dirección.
Recolle, así mesmo, que unicamente o 34% das compañías dispuña dun plan de continuidade ante a pandemia de coronavirus para seguir traballando "con certa normalidade".
"Por iso é polo que os expertos constatan que as empresas con mellores sistemas de riscos foron as máis resilientes ante a covid e as que mellores resultados económicos obtiveron no período afectado", destaca Inade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.