Piden 10 anos de prisión para un acusado de abusar sexualmente da súa curmá menor de idade durante anos

Os abusos sexuais produciríanse cando a rapaza tiña entre 7 e 12 anos de idade.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 30/11/2021 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

A Fiscalía pide 10 anos de cárcere para un home acusado de abusar sexualmente, de forma continuada durante anos, da súa curmá segunda, cando esta tiña entre 7 e 12 anos de idade, e que será xulgado este martes na sección cuarta da Audiencia Provincial de Provincial de Pontevedra.

Segundo relata o ministerio público no seu escrito de acusación, a menor e a súa irmá se turnaban para durmir en casa da súa tía avoa, xa que o seu fillo (o acusado) fora a Canarias por motivos laborais e ela quedaba soa.

Cando o procesado regresou, as menores seguiron indo pasar a noite a casa do seu familiar e, nunha data non determinada de 2001, cando a vítima tiña 7 anos de idade, comezaron os abusos. A Fiscalía sinala que o acusado (que entón tiña 39 anos) coa escusa de xogar ás cartas coa nena, mandáballe pechar a porta da habitación para quedar a soas con ela.

Inicialmente, o home limitábase a mostrarlle o seu pene e a masturbarse diante dela, pero os feitos foron a máis co tempo. Así, instou á menor a que lle tocase e bicase os xenitais e, posteriormente, pasou aos tocamentos nos peitos e na zona vaxinal da pequena, chegando a introducirlle os dedos.

Os abusos foron continuados ata 2007, cando a tía avoa sorprendeu un día á nena, que xa tiña 12 anos, co acusado, tendo ela os pantalóns e a roupa interior baixada. Desde ese momento, a vítima tomou conciencia da situación e comezou a evitar ao acusado.

TENSIÓN POSTRAUMÁTICA

Anos despois, en marzo de 2017, a vítima, xa unha muller adulta, iniciou un cadro clínico ansioso con importante repercusión funcional tras evocación de recordo traumático en forma de crise de ansiedade, nerviosismo, psicosomatización, irritabilidade, baixo estado anímico, dificultade de concentración, hiperalerta, ideas pasivas de morte e autolíticas sen clara estruturación, incremento de consumo de alcol e abuso de ansiolíticos e condutas de evitación. Todo iso compatible cun cadro de tensión postraumática.

A nova, que presentou denuncia polos abusos en 2019, tivo que someterse a tratamento médico e psicoterapéutico, aínda que persisten as secuelas.

DELITOS E PENAS

Por estes feitos, a Fiscalía considera ao acusado autor dun delito continuado de abuso sexual sobre menor de 13 anos, aproveitando a súa situación de superioridade e con introdución de membros corporais por vía vaxinal.

Así, pide que sexa condenado a 10 anos de cárcere, e que se lle impoña a prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima durante 12 anos. Tamén reclama que indemnice á moza en 20.000 euros polas lesións psíquicas consecuencia dos abusos.

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta