Galicia ten 6,5 casos de VIH por cada 100.000 habitantes no período 2004-2020

Desde 2009, as actividades de Cáritas Diocesana de Santiago para a prevención do VIH e a atención sociosanitaria das persoas enfermidades recibiron preto de 230.000 euros nas sucesivas convocatorias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2021 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lembrou este martes os datos da infección do VIH, na véspera do Día Mundial da Loita contra a Sida, que reflicten que no período 2004-2020 a incidencia de infección polo VIH é de 6,5 casos por cada 100.000 habitantes.

Este dato sitúa a Galicia por baixo da incidencia anual española, que é de 10 infeccións. De feito, no últimos oito anos, apreciouse unha tendencia de diminución da infección, que pasou de 225 casos en 2012 a 105 en 2020, situándose sempre por baixo do sete caos ao ano por cada 100.000 habitantes (3,9 casos ano en 2020).

Comesaña visitou este martes Cáritas Santiago para interesarse polo labor que esta entidade realiza do seu programa 'Corazón Vermello', que recibiu da Xunta unha achega de 108.000 euros para o período 2019-2022, mediante a convocatoria de subvencións para proxectos de saúde pública no capo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS).

Estas subvencións achegaron, desde o ano 2009, nas súas sucesivas convocatorias, máis de 2,6 millóns de euros a 30 entidades privadas sen ánimo de lucro de Galicia, para desenvolver campañas de concienciación e programas de prevención entre colectivos de especial risco ou nas redes sociais e aplicacións de contacto.

Desde 2009, as actividades de Cáritas Diocesana de Santiago para a prevención do VIH e a atención sociosanitaria das persoas enfermidades recibiron preto de 230.000 euros nas sucesivas convocatorias.

Comesaña visita Cáritas Santiago. XUNTA
Comesaña visita Cáritas Santiago. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta