Miñones apela á lealdade institucional nun acto pola Constitución

Destacou a Carta Magna como "un muro contra as desigualdades".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2021 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, volveu a apelar ao diálogo e á lealdade institucional no acto de conmemoración do 43 aniversario da Constitución, celebrada na sede do executivo na comunidade autónoma. O mesmo comezou coa lectura de artigos da Constitución por parte de seis estudantes que estrean maioría de idade e que cursan estudos en institutos e na universidade.

Posteriormente, interveu o delegado do Goberno, quen destacou que a Constitución é "un muro contra as desigualdades" e "unha ponte cara á convivencia". Da Carta Magna, dixo tamén que impulsou "unha sociedade plural e moderna, capaz de seguir avanzando en dereitos e liberdades". "Unha sociedade que creceu desde a cogobernanza, con protagonismo compartido para os concellos, as deputacións e gobernos autonómicos".

Aludindo ao diálogo e acordos dos "pais da Constitución", volveu a reclamar ambos os aspectos na súa intervención e animou a "sumar esforzos na tarefa de emprender un proxecto común". Tamén reivindicou a un Goberno central "profundamente democrático e constitucionalista, que cre nun proxecto común construído co esforzo de todas as persoas, desde o diálogo e o ánimo solidario". Coincidindo con este acto, a Delegación do Goberno inaugurou o 'Libro da Cidadanía' para que as persoas compartan nel as súas reflexións sobre a Constitución.

Mozos participantes no acto de conmemoración do aniversario da Constitución, presidido polo delegado do Goberno, José Miñones, asinan no Libro da Cidadanía. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
Mozos participantes no acto de conmemoración do aniversario da Constitución, presidido polo delegado do Goberno, José Miñones, asinan no Libro da Cidadanía. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta