Por Galicia Confidencial | Ferrol | 26/03/2014 | Actualizada ás 14:03
Preto de 300 persoas realizaron este mércores unha camiñada de dez quilómetros entre Narón e Ferrol en apoio da creación de postos de traballo na comarca.
Esta pequena marcha responde a unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) da central nacionalista nunha comarca onde a CIG asegura que ten 8.500 afiliados e delegados sindicais e que rexistra a taxa de paro máis elevada da comunidade, cun 32%, de acordo aos últimos datos publicados.
Na camiñada participou o alcalde de Narón, José Manuel Branco, de Terra Galega, e o concelleiro Guillermo Fojo, entre outros. Algúns manifestantes acudiron cos monos de traballo das súas empresas, chalecos reflectores e lanzáronse algúns petardos illados entre cánticos, consignas e bandeirolas do sindicato.
Esta marcha, explicaron os coportavoces do sindicato na comarca, Manuel Grandal e Xesús Pintos, convocouse en respaldo da ILP da CIG que propón un centenar de medidas para xerar postos de traballo en Galicia e que será rexistrada o próximo 2 de abril.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.