Francisco Conde: "É unha situación difícil de explicar que se pechen as centrais térmicas e que agora se reactiven"

Conde censura que os "erros" da política enerxética do Goberno estean "a impactar" en Ferrolterra e A Mariña

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/12/2021 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asegurou que Ferrolterra e A Mariña están a absorber o "impacto" dos "erros" da "política enerxética do Goberno" central.

Reactivación da central térmica de Endesa nas Pontes
Reactivación da central térmica de Endesa nas Pontes | Fonte: Europa Press.

Na xornada 'O Porto, motor do cambio de Ferrolterra e A Mariña', no CIS da Cabana, o titular de Economía do Goberno de Feijóo sinalou que a transición enerxética "é un proxecto de futuro", sobre todo en zonas vinculadas a este sector, como Ferrolterra e A Mariña, pero criticou que as decisións do Executivo estean a xerar unha "inestabilidade" que afecta á Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, á que considera "unha das grandes damnificadas".

"Estes días", engadiu Conde, "nada é o que parece", en referencia á continuación das descargas de carbón no porto exterior de Ferrol tras máis de dous anos e medio.

"É unha situación difícil de explicar", apuntou, "que se pechen as centrais e que agora se reactiven". "Parece que estamos nunha intransición, no fondo e nas formas, e iso non axuda a xerar confianza e estabilidade", dixo antes de afirmar que o obxectivo "debería ser traballar nesa transición con intelixencia, sen xerar alarma e aplicando o sentido común".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta