Galicia achégase aos 10.000 contaxios sen coñecer aínda a incidencia durante a ponte

A taxa de positividade é case o dobre do recomendado pola OMS. Rexistrados 668 contaxios nas últimas 24 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2021 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Galicia supera os 9.000 casos activos de Covid-19 ao situarse en 9.028 --que supoñen 437 máis que o día pasado--, despois de rexistrarse 668 novos contaxios --29 menos que a xornada anterior--, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus aumentan a 246 --nove máis--. Pola súa banda, a taxa de positividade descende lixeiramente a un 9,7% no conxunto da Comunidade galega.

Segundo os datos publicados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, continúan 35 persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia e aumentan a 211 as hospitalizadas noutras unidades --nove máis--, mentres que 8.782 atópanse en seguimento no seu domicilio.

A presión hospitalaria aumenta en cinco das sete áreas sanitarias --Ourense, A Coruña-Cee, Santiago-Barbanza, Lugo e Pontevedra-O Salnés--; mantense sen cambios na de Ferrol, con 19 pacientes Covid en unidades de hospitalización convencional; e descende lixeiramente na de Vigo, que segue con 14 ingresados en UCI e con 50 noutras unidades --tres menos--.

Pola súa banda, na de Ourense aumentan a sete os pacientes Covid en UCI --un máis-- e a 66 os ingresados noutras unidades --cinco máis--; e na da Coruña e Cee aínda que descenden a tres o críticos --un menos--, aumentan a 23 os doutras unidades --tres máis--. Na área de Pontevedra e O Salnés hai tres pacientes Covid en UCI e aumentan a 36 os ingresados noutras unidades --dous máis--, mentres que na de Lugo seguen cinco en críticos e aumentan a sete os hospitalizados noutras unidades.

E na área sanitaria de Santiago e Barbanza continúan tres pacientes en UCI pola Covid e aumentan a dez os ingresados noutras unidades --un máis--.

MÁIS DE 9.000 CASOS

Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso en Galicia e sitúanse en 9.028, que implican 437 máis que a xornada anterior, tras haber de novo máis contaxios (668) que altas (230), ao que se engade un falecemento. Hai unha semana --o martes 30 de novembro-- había 5.422 infeccións activas.

Ambiente nas rúas e establecementos de Vigo, a 27 de novembro de 2021, en Vigo. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Ambiente nas rúas e establecementos de Vigo, a 27 de novembro de 2021, en Vigo. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

As infeccións activas aumentan de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+122), seguida da de Pontevedra e O Salnés (+111), Ourense (+101), A Coruña e Cee (+33), Lugo (+29), Santiago e Barbanza (+25) e Ferrol (+16). Por tanto, con máis casos activos mantense a área de Vigo, con 2.711; seguida da de Ourense, con 2.241; A Coruña e Cee, con 1.205; Pontevedra e O Salnés, con 1.144; Lugo, con 679; Santiago e O Barbanza, con 639; e á cola continúa a de Ferrol, con 409.

MENOS CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 descenderon lixeiramente a 668, tras comezar esta semana con 697, o que supón 29 menos.

En canto á taxa de positividade das probas PCR --número de infeccións detectadas cada 100 test--, descende lixeiramente ao 9,7 por cento despois de situarse nun 10,6% no incio desta semana. Por tanto, mantense por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta