Temas: INFANCIA GALEGO

A serie 'Dic, dac, docs', para que os nenos aprendan galego, está xa dispoñible en Youtube e o Portal da Lingua

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/12/2021 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

A serie documental 'Dic, dac, docs', un proxecto de Adarme Visual para que nenos de dous a sete anos aprendan palabras en galego, está xa dispoñible tanto en Youtube como no Portal da Lingua Galega.

Serie 'Dic, dac, docs'.
Serie 'Dic, dac, docs'.

Esta iniciativa audiovisual, que conta co apoio do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021-2022 da Xunta foi presentada este martes polo secretario xeral de Política Linguística, Valentín García, e os directores, David Hernández e Álex Penabade.

O secretario xeral subliñou a importancia de produtos "tan coidados" como 'Dic, dac, docs', que está destinado á transmisión do galego ás novas xeracións. "Unha tarefa na que desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade queremos apoiar ás familias e á escola", dixo García.

É unha serie documental producida por Adarme Visual, coa dirección de Álex Penabade e David Hernández, guión de María Reimóndez, a voz en off de María Roja e a música de Iván Blanco.

'Dic, dac, docs' ten cinco breves capítulos que buscan achegar aos máis pequenos vocabulario en galego ao redor de cinco temas: a cidade, a horta, a casa, a granxa e os medios de transporte.

Temas: INFANCIA GALEGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta