O delegado do Goberno reivindica as axudas estatais para investigación, cunha partida de 412 millóns

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2021 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, espera que esta autonomía se beneficie da convocatoria de 412 millóns de euros en axudas a proxectos de xeración de coñecemento do Ministerio de Ciencia e Innovación. Esta convocatoria, xestionada pola Axencia Estatal de Investigación, terminará o próximo 15 de decembro.

Ademais, o delegado avanzou que este trimestre arrincaron os proxectos aprobados na convocatoria do ano pasado e que se centran entres ámbitos científicos: ciencias matemáticas, físicas, químicas e enxeñarías; ciencias sociais e humanidades, e ciencias da vida.

A Delegación do Goberno lembrou, nun comunicado, que a convocatoria de 2020 permitirá o desenvolvemento de 160 investigacións en centros galegos, dos que 148 son dirixidos no tres universidades públicas de Galicia. En total, a investigación de Galicia xestionará 17,4 millóns de euros destas subvencións, dos que 16 serán xestionados polos servizos de investigación universitarios.

As axudas desta convocatoria financiarán, por unha banda, proxectos de investigación non orientada, que están motivados pola curiosidade científica e teñen como obxectivo primordial avanzar no coñecemento, e por outro, proxectos de investigación orientada, que teñen como finalidade a resolución de problemas concretos e vinculados ás prioridades temáticas asociadas aos desafíos mundiais e competitividade industrial da sociedade.

Laboratorio do CIMUS, en Santiago de Compostela con labores de nvestigación, ciencia e I+D+i
Laboratorio do CIMUS, en Santiago de Compostela con labores de nvestigación, ciencia e I+D+i | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta