O sistema ILS do aeroporto da Coruña volve estar operativo tras a incidencia rexistrada por un raio

Quedara inutilizado na xornada do pasado mércores

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/12/2021 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

O sistema ILS do aeroporto da Coruña volve estar operativo, segundo informaron a Europa Press fontes de Aena, despois de quedar inutilizado na xornada do mércores polo impacto dun dos raios rexistrados na comunidade autónoma.

En concreto, o día 9, ao comezo da súa xornada laboral, os técnicos de Enaire do aeródromo coruñés detectaron un fallo no ILS polo que se procedeu a dar de baixa o sistema ata que fora reparado.

Os técnicos procederon nese momento á valoración e solución da avaría para a súa reparación e posta en marcha. Desde Aena, precisaron que esa incidencia non afectou a ningún avión xa que o aeroporto conta con outras axudas que poden ser utilizadas en determinadas condicións de visibilidade.

Pasaxeiros nas inmediacións do aeroporto da Coruña. M. Dylan - Europa Press
Pasaxeiros nas inmediacións do aeroporto da Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta