As alcaldesas de Lugo e A Coruña reclaman á Xunta o pago da factura Covid e máis financiamento

As mandatarias acordaron afianzar os lazos de colaboración entre ambas as cidades.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 16/12/2021 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

As alcaldesas de Lugo e A Coruña, Lara Méndez e Inés Rey, respectivamente, reclamaron á Xunta o "pago da factura Covid", polos gastos contraídos polos consistorios na pandemia, ademais de maior financiamento.

Fixérono na visita que a rexedora herculina realizou ao consistiorio de Lugo e na que ambas as mandatarias se comprometeron a afianzar os lazos de colaboración entre ambas as cidades para pór en común "retos e problemáticas" de ambos os municipios e avaliar "posibilidades de desenvolver proxectos conxuntos".

"Ambos os gobernos estamos a traballar nun modelo de cidade que mellore a calidade de vida dos nosos veciños, apostando por políticas públicas que poñan aos cidadáns no centro, que se recuperen espazos para os cidadáns a través das peonalizacións e apostando por formas de mobilidade sustentable", expuxo a alcaldesa coruñesa.

Tanto Rey como Lara Méndez apelaron a reforzar o sistema de financiamento das cidades, tanto por parte do Goberno central como autonómico pola asunción de "competencias impropias". Tamén reclamaron a devolución dos gastos derivados da Covid-19 que no caso de ambas as cidades ascende a máis de 30 millóns de euros. Neste sentido, denunciaron que non recibiron diñeiro da Administración autónomica, "a pesar de que o Goberno galego recibiu fondos do Estado", expuxo Inés Rey.

"Somos as administracións locais as que estamos a asumir numerosas competencias impropias, especialmente desde a chegada da pandemia", manifestou Lara Méndez, que recalcou que o Executivo galego obtivo, para afrontar os efectos da pandemia, "case 2.000 millóns de euros do Estado".

"O abandono foi total, ata o punto de que en toda a pandemia o señor Feijóo nunca mantivo unha reunión cos alcaldes e alcaldesas das grandes cidades galegas, nin se interesou polas necesidades dos seus veciños", argumentou a rexedora de Lugo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibe á rexedora coruñesa, Inés Rei. CONCELLO DE LUGO
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibe á rexedora coruñesa, Inés Rei. CONCELLO DE LUGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta