A Deputación de Pontevedra destina 200.000 euros para promoción turística da provincia

Carmela Silva anuncia que se vai facer "unha presentación moi sorprendente en Fitur".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2021 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou o lanzamento dunha campaña, cun orzamento próximo aos 200.000 euros, para a promoción en medios de comunicación e en redes sociais desta provincia como destino turístico e tamén para "reforzar a nosa posición".

A iniciativa recorrerá aos vídeos vinculados a Rías Baixas que tiveron grandes datos positivos de impacto e acollida. Así, desde outono suman máis de 2,1 millóns de visualizacións.

No mercado nacional insistirase especialmente nas rexións de Madrid, Cataluña e Andalucía así como nos mercados de proximidade de todo o noroeste peninsular. En canto á promoción exterior, realizaranse insercións nos aeroportos con conexión directa a Vigo e en trens.

Carmela Silva tamén avanzou que a Deputación de Pontevedra vai facer "unha presentación moi sorprendente en Fitur". Na súa promoción turística a administración provincial ten moi en conta a transformación dixital "baseámonos no big data", froito deste traballo, sinalou que se conseguiron "xa resultados espectaculares", con 23 millóns de impresións en medios en liña e 5,5 de visualizacións completas dos vídeos.

NEXT GENERATION

Carmela Silva tamén destacou que se conseguiu financiamento dos fondos europeos Next Generation para dous plans de sustentabilidade turística en contornas rurais, concretamente son os das comarcas de Deza-Tabeirós e de O Condado-A Paradanta, que obtiveron 3,5 millóns de euros "para desenvolver plans moi ambiciosos", dixo a presidenta provincial.

Ademais, a presidenta da Deputación de Pontevedra explicou que o Castelo de Soutomaior recibiu o distintivo "Q de Calidade", sendo "o primeiro espazo musealizado en Galicia en obtelo".

Carmela Silva destacou que recibiron "a nota máxima: un 10" e lembrou que xa estaban "na Ruta Europea de Xardíns Históricos (Consello de Europa)" e que o Castelo de Soutomaior foi certificado co selo Observer Science Tourism. Este ano conseguiu máis de 30.000 visitas, o que supón unha "marca histórica".

Praia da Lanzada
Praia da Lanzada | Fonte: Turismo Rías Baixas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta