Sanidade crea o seu comité clínico de cirurxía robótica, que se reunirá polo menos unha vez ao ano

Este órgano servirá para asesorar ao Sergas nesta materia e propor criterios comúns para os protocolos nos hospitais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2021 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns unha orde da Consellería de Sanidade pola que se crea o comité clínico de cirurxía robótica do Servizo Galego de Saúde, un órgano para coordinar e facer un seguimento do emprego dos robots Da Vinci nos quirófanos.

Este equipo constará de 18 membros, presididos polo director xeral de Asistencia Sanitaria --actualmente, Jorge Aboal-- que se reunirán polo menos unha vez ao ano en sesión ordinaria, aínda que tamén haberá reunións extraordinarias se o solicita a maioría dos integrantes ou cando o convoque o seu presidente, quen avaliará a conveniencia de que sexa presencial ou non.

De acordo coa orde publicada no DOG, recollida por Europa Press, serán funcións deste comité asesorar ao Sergas en materias que incidan directamente sobre a cirurxía robótica, propor criterios comúns para elaborar os protocolos nos distintos centros e propor medidas de mellora da organización e a calidade do uso da maquinaria.

Ademais, este órgano emitirá informes de obxectivos asistenciais, de calidade, docentes e de investigación do uso dos robots, promover estratexias formativas dos profesionais neste ámbito, detectar dificultades no emprego desta tecnoloxía, resolver dúbidas e servir como canle permanente de colaboración, comunicación e información entre os hospitais e demais axentes implicados.

INTEGRANTES

Á parte do director xeral de Asistencia Sanitaria, comporán o comité outras 17 persoas, incluídas unha Secretaría e unha Vicepresidencia, que a ostentará a persoa titular da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Sergas.

Mentres tanto, o resto de persoas serán designadas da seguinte forma: dúas persoas de entre o persoal da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria; unha da Dirección Xeral de Recursos Económicos; sete membros propostos por cada xerencia do sete áreas sanitarias que teñan funcións de organización das cirurxías; catro representantes de cada área cirúrxica que realizarán a maior parte da actividade con robots --cirurxía xeral, xinecología, urología e otorrinolaringoloxía--; e unha persoa de Enfermaría da área designada pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.

O comité tamén poderá crear grupos de traballo temporais ou permanentes para estudar aqueles temas relacionados coa materia, co obxectivo de achegar respostas a obxectivos concretos. Cada un destes grupos estará composto por un membro do comité, máis un máximo de seis vocais relacionados co asunto a abordar.

A orde de creación deste comité, cuxos membros non recibirán ningunha retribución por este labor, entrará en vigor a partir de que este luns foi publicada no DOG, é dicir, o 9 de xaneiro.

Robot Da Vinci usado en hospitais do Sergas en Galicia.. CONSELLERÍA DE SANIDADE
Robot Da Vinci usado en hospitais do Sergas en Galicia.. CONSELLERÍA DE SANIDADE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta