A falta de PCR causa enfado entre persoas que asistiron ao Hospital Provincial de Pontevedra

Desde o Sergas xustifícase esta decisión co argumento de que a pandemia entra nunha "fase de mitigación".

Por E.P. | PONTEVEDRA | 29/12/2021 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

Ao redor dun centenar de persoas que facía cola no exterior do Hospital Provincial de Pontevedra para facer un test PCR expresaron a súa indignación e enfado cando ás dúas da tarde se deixaba de atender ao público este servizo.

Este mércores era o último día para realizar esta proba sen cita previa e ao seis e media da madrugada xa había xente gardando cola ante a caseta habilitada no aparcadoiro do Hospital para facer os test. Ás dez da mañá, cando abría este servizo, xa era medio milleiro as persoas que facían espera.

A partir deste 29 de decembro realizaranse test de antíxenos, xa sexan nasofarínxeos ou en saliva, con autocita. A autocita deberá solicitarse a través da aplicación Sergas Móbil ou na páxina web do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Moitos dos afectados hoxe descoñecían a noticia e lembraban que estaba previsto que esta campaña continuase ata o 8 de xaneiro de 2022.

A tensión estalou cando ás dúas da tarde unha celadora e un garda de seguridade da empresa Eulen comunicaron o fin das probas, deixando fóra a numerosos cidadáns encabuxados.

Desde o Sergas xustifícase esta decisión co argumento de que a pandemia entra nunha "fase de mitigación".

Probas PCR para detectar a covid-19
Probas PCR para detectar a covid-19 | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta