Recollen máis de 62.000 firmas contra o uso de animais nas cabalgatas

A organización 'Libera' apunta que aínda que é pouco habitual en Galicia, hai exemplos en Pontevedra e Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2022 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

Animalistas recolleron máis de 62.000 firmas contra o uso dos animais nas cabalgatas, segundo informa a organización 'Libera', que sinala que, para lograr este obxectivo, lanzouse na plataforma 'Change.org' unha recollida de apoios.

Esta asociación aninmalista sinala que o uso de animais en cabalgatas é "pouco habitual" en Galicia, "circunscribíndose nos últimos anos a Pontevedra e Ourense, con exemplos pasados en Vigo (2013) e Arteixo (2017), aínda que con reiteración por motivos festivos en Lugo, onde o 'Arde Lucus' acolle paseos de ponies e cabalos".

Por outra banda, advirten que no sistema normativo galego "existe un baleiro que permite estes paseos con toda clase de animais, xa que a Lei de Benestar Animal de 2017 só veta o uso en funcións circenses e só reglamenta os eventos con animais de compañía, como podería ser unha feira para fomentar a adopción de cans e gatos".

Cabalgata dos Reis Meigos de Tui e Valença do Minho. CONCELLO DE TUI - Arquivo
Cabalgata dos Reis Meigos de Tui e Valença do Minho. CONCELLO DE TUI - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta