Pontón califica de "erro histórico" que o Goberno incumpra "a súa promesa" de derrogar a reforma laboral

O BNG é partidario de que a reforma se tramite como proxecto de lei.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2022 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera que sería "un erro histórico" que o Goberno central "perdese a oportunidade" para derrogar a reforma laboral aprobada en 2012 co PP na Moncloa, o que suporía un "incumprimento" do "prometido" por PSOE e Unidas Podemos.

Nunha rolda de prensa celebrada este luns no Parlamento autonómico, a líder nacionalista instou ao Executivo central a "cumprir" coa palabra dada ante a cidadanía e proceder así á derrogación "íntegra" da reforma laboral de 2012.

"Neste debate estamos aliñados cos dereitos da clase traballadora e coas promesas que se lles fixo á cidadanía de derrogar integramente a reforma laboral do PP", incidiu Pontón, que cre que o Goberno cometería "un erro histórico" se "non cumpre a palabra dada".

Neste sentido, manifestou que o BNG é partidario de que a reforma se tramite como proxecto de lei para facer valer "a maioría" no Congreso que "posibilitaría" a derrogación "íntegra" do marco normativo vignete. "Non se puiden perder unha oportunidade histórica para recuperar os dereitos roubados", aseverou a portavoz da formación frontista.

A líder do BNG, Ana Pontón. BNG
A líder do BNG, Ana Pontón. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 xAnV

Moitos "erros históricos" tiveron eles no bipartito da Xunta de hai 15 anos. Falan por experiencia.

1 Gamela

Deberan lembrar que foron eles UPG-BNG quen levou a Yolanda a Madrid... E todos coñecemos ben a Yolanda: trepa gracias a tódolos que vai deixando atrás ! Incluído o BNG que hoxe está na oposición -como toda a vida- por non querer Sumar coa Esquerda Españolista (seica) ! Pero agora seica están moi implicados co Republicanismo Federal Españolista (ou só con Bildu e ERC) ?