Denuncian ante a Garda Civil varias pintadas machistas no colexio público da Lama

A denuncia parte do Concello da Lama e da dirección do centro.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 12/01/2022 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

O Concello da Lama denunciou ante a Garda Civil a aparición de varias pintadas machistas nun centro escolar da localidade, cuxa dirección tamén presentou denuncia.

Limpeza de pintadas machistas nun colexio da Lama
Limpeza de pintadas machistas nun colexio da Lama | Fonte: Concello.

Segundo informa o consistorio, o alcalde da Lama, Jorge Canda, alertado polo director do colexio público da localidade, Rafael Sánchez-Agustino, ordenou á brigada de obras do concello que procedesen a eliminar ditas pintadas. Ademais, formalizouse denuncia para localizar aos autores destes actos vandálicos.

Tratábase de mensaxes sexistas e insultos machistas cara ás mulleres, feitos que foron postos en coñecemento por parte de membros da comunidade escolar a representantes do equipo de goberno solicitando, ademais, a súa eliminación.

O tenente de alcalde e concelleiro de Igualdade, David Carreira, cualificou o feito de "moi grave". "Non só polo feito en si e o contido das pintadas, senón porque se fixo nun centro escolar, exposto á vista dos máis pequenos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta