Teresa Ribera pecha filas con Garzón: "cada semana pídennos que dimitan 4 ou 5 ministros"

A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica denuncia "ruído" arredor da cuestión das macrogranxas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2022 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, rexeitou que haxa "un motivo" para cesar ao ministro de Consumo, Alberto Garzón, ou para que deba dimitir. A preguntas dos xornalistas, coincidindo coa visita que fixo á ría do Burgo, en Culleredo con motivo do próximo inicio das obras de dragado, manifestou que está "acostumada" a que os mércores no Congreso lles pidan "o cesamento a catro ou cinco ministros".

"Non creo que haxa un motivo nin para cesar nin para dimitir", indicou sobre o caso de Garzón e en relación á polémica polas súas declaracións sobre as macrograxas. Preguntada se por parte do PSOE non houbo "valentía" fronte ao PP, tras a petición de Unidas Podemos de respaldo ao ministro, Ribeira argumentou que neste caso houbo "un ruído que non se corresponde coa necesidade real de abordar non só o respaldo á gandaría se non a mellora constante deste ámbito, sen descoidarnos onde pode haber outros problemas que, quizais, poidan quedar escondidos como consecuencia dese ruído mediático".

A ministra asegurou que sobre este sector existe un "consenso total por parte do Goberno", apuntando, sobre as explotacións industriais, a "as dificultades e necesidade de reforzar os parámetros de calidade que de por se teñen, pero que seguro teñen unha marxe de mellora moi notable desde o punto de vista social, ambiental e de benestar animal".

A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribeira. M. Dylan - Europa Press
A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribeira. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta