O cadáver achado na praia de Muros este luns corresponde á moza desaparecida en Cambre

Na praia próxima a onde foi achado o corpo aparecera un bolso coa documentación da rapaza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2022 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

A Garda Civil confirmou que o cadáver achado na praia de Muros este luns corresponde á muller de 33 anos cuxa desaparición foi denunciada en Cambre.

Este mesmo martes o Instituto Armado confirmaba que investiga se o cadáver correspondíase co da moza de Cambre. Finalmente, trátase de María de los Ángeles Domínguez Canos, cuxa desaparición fora denunciada no Cuartel da Garda Civil de Cambre.

O corpo aparecía este luns nunha praia do municipio coruñés de Muros. Segundo informou o 112, o corpo sen vida da muller foi atopada na praia de Reimundes, en Tal, municipio de Muros. Ata a zona desprazáronse efectivos sanitarios, do Ges, da Policía Local e da Garda Civil.

Preto das 19,20 horas procedíase ao levantamento do cadáver e ao seu traslado ao complexo hospitalario de Santiago. Nunha praia próxima onde foi achado o corpo aparecía un bolso coa documentación desta persoa e outros efectos persoais.

Coche da Garda Civil
Coche da Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta