Seis concellos manteñen as áreas onde non se pode cultivar patacas

Tras a súa detección en 2015 e tras a aplicación de medidas, constatouse que desapareceu dunha trintena de municipios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2022 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

O Goberno galego analizou un informe este xoves sobre as actuacións levadas a cabo pola Consellería do Medio Rural para erradicar a praga da polilla guatemalteca na comunidade galega, que supuxeron máis de 4 millóns de investimento autonómico.

Así, tras a súa detección en 2015 e tras a aplicación de medidas, constatouse que desapareceu dunha trintena de municipios.

En consecuencia, só seis municipios de Lugo e A Coruña (Burela, Trabada, Arteixo, A Laracha, Muxía e Cariño) seguen con áreas nas que actualmente non se pode cultivar a pataca, entre outras medidas para evitar a expansión da praga.

Na actualidade, o traballo céntrase en revisar periodicamente as trampas instaladas para rexistrar a evolución de capturas e a dispersión da praga, así como na vixilancia de todo o territorio demarcado para evitar plantacións ilegais.

Praga da pataca. LIDA SENRA - Arquivo
Praga da pataca. LIDA SENRA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta