Junceda (Sabadell) sinala que a banca está nun "profundo cambio de modelo de negocio", que será "híbrido"

Vaticina que a banca do futuro será "moi dixital" pero "moi persoal".

Por E.P. | VIGO | 14/01/2022 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

O director xeral de Sabadell Galego e director xeneral adxunto do grupo Banco Sabadell, Pablo Junceda, asegurou que a banca está nun "profundo cambio de modelo de negocio" durante a súa intervención na primeira edición da Tribuna do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo.

No seu relatorio 'A banca do futuro. O futuro da banca', Junceda subliñou que este cambio pon en cuestión o coñecido ata a data, debido ao desenvolvemento das novas tecnoloxías que transformou á sociedade e o comportamento das persoas.

Como causas da caída constante de vendas desde 2008 ata o 2020, Pablo Junceda considera fundamentais os axustes aínda derivados desta crise, "a pesada dixestión de activos improductivos" en sectores como o inmobiliario e "as políticas monetarias expansivas que, sendo necesarias, levaron aos tipos de interese a un terreo negativo".

Para el, esta conxuntura vai asociada á transformación do comportamento dos clientes da súa compañía, dos cales o 70% xa se relaciona dixitalmente co banco, "cousa que antes non sucedía". "A inmediatez e a conveniencia dixital co valor engadido persoal e presencial no asesoramento experto especializado é esencial", indicou os directivos, engadido que se camiña cara a un futuro "híbrido", coa omnicanalidade presencial e remota como clave.

"A banca do futuro será moi dixital, pero tamén moi persoal. Combinar estes dous modelos de atención é a vocación e o reto de Sabadell Galego", sentenciou.

Autoridades na presentación de Junceda.. CÍRCULO DE EMPRESARIOS DE GALICIA
Autoridades na presentación de Junceda.. CÍRCULO DE EMPRESARIOS DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta