Falecen dúas persoas previamente diagnosticadas con Covid

Unha delas procedía da Residencia Vilaboa. Galicia contabiliza 2.845 falecementos desde o inicio da pandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2022 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

Galicia notificou este sábado dous falecidos máis como consecuencia da pandemia, unha delas unha muller de 82 anos, que presentaba patoloxías previas, no Complexo Hospitalario de Pontevedra e que procedía da Residencia Vilaboa. O deceso rexistrouse este mesmo sábado.

No último parte de casos activos en residencias --emitido o pasado mércores--, permanecía, precisamente, un caso de covid vinculado a esta residencia, despois do brote que, a 5 de xaneiro, situaba en 15 as persoas infectadas. Non se notificou ningún falecemento máis vinculado a esta residencia en todo o mes de xaneiro de 2022.

Ademais, un home de 77 anos tamén faleceu, tras infectarse de coronavirus, no Hospital de Verín, con data do 14 de xaneiro. Tamén presentaba patoloxías previas. Con estes dous óbitos, Galicia contabilizou 2.845 falecementos desde o inicio da pandemia.

Sanitaria nunha UCI, protexida contra a covid-19
Sanitaria nunha UCI, protexida contra a covid-19 | Fonte: EFE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta