Interior admite que Resistencia Galega non participou nos disturbios en Madrid

Tras acusar a "radicales próximos al independentismo gallego" de ser os protagonistas dos fortes incidentes nas marchas da dignidade, o Ministerio culpará mañá a activistas anarquistas.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 22/04/2014 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

"Resistencia Galega está tras los incidentes más graves del 22-M", titulaba o diario El Mundo o 25 de marzo. Este titular é só un exemplo da ofensiva mediática que culpou a galegos dos disturbios tras as marchas da dignidade.

Galegos na Marcha da Dignidade en Madrid
Galegos na Marcha da Dignidade en Madrid | Fonte: Miguel Núñez

Outros medios como ABC, El País ou a Cadena Ser tamén situaron a Resitencia Galega no punto de mira, citando fontes policiais sen identificar que falaban de "radicales próximos al independentismo gallego". Isto sucedeu malia a evidencia que as organizacións máis independentistas do país mantivéronse completamente á marxe desta mobilización.

Agora é a mesma Policía Nacional quen desbota a participación desta organización, segundo datos publicados este serán por varios medios de comunicación. O Ministerio do Interior filtrou hoxe que mañá o director xeral da Policía presentará probas que culpan dos incidentes a manifestantes de ideoloxía anarquista. En concreto a grupos insurrecionalistas vencellados co  Comando Insurreccionalista Mateo Morral, desmantelado o ano pasado tras unha bomba na Basílica do Pilar en Zaragoza.

Dos dezasete detidos na capital do Estado, unicamente un era galego. En concreto, un mozo do Carballiño que denunciou malos tratos durante o día que estivo detido antes de ser libertado sen cargos.

Culpar a Resistencia Galega dos incidentes serviu para afastar o foco de atención sobre a polémica actuación da policía o 22M. Varios sindicatos policiais alertaron da improvisación do dispositivo de seguridade.

Os servizos de emerxencia dixeron que máis de 100 persoas, a maioría policías, resultaron feridas tras os incidentes daquel domingo. Un dos 17 detidos segue en prisión, acusado de intento de homicidio a un antidisturbios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

3 rassing

E despois das enésimas difamacións, alguén neste País denunciará xudicialmente a todas as persoas, colectivos, empresas de comunicación, etc... que difamaron nesta e noutras ocasións, ou imos seguir laiando-nos cada vez que acontece e seguermos sen fazer nada?

2 familiares do PEPE

a manifa dos madriles non foi ningun nacionalista, foron elementos da anova do age das izquierdas unitarias, das ^vieiras fabulosas, NON CREADES NADA NO QUE DI O SEÑORITO PACEGO (o ^vieiras definise asi mesmo deste curioso xeito), VEDES ALGUN DESTES ENFORNTANDOSE COA POLICIA? eu os vexo pero de confidentes, de txakurras, de delatores. A mafina foi un gran fracaso foi apuñalada polas costas polo famoso partido "comunista ja-ja" da contrarevolución os PECEROS! por certo varios dos detidos eran de extrema dereita e un deles foi un dos cans fascistas que atacaron os catalans na embaixada de madriles GRAN DOCUMENTO http://www.kaosenlared.net/territor...

1 doutor

A pastilliña azul, meu, non a verde.

2 catalunya lliure

os fascistas expañois deronlle ordes de facerse notar, de ucrainizar, por decilo dalgun xeito no estado expañol -- Según desvela el diario Ara, Iñigo Pérez de Herrasti y Urquijo es hijo de Ramón Pérez de Herrasti y Narváez, decimocuarto marqués de Albayda, y Begoña Urquijo y Álvarez de Eulate, hija de los marqueses de Bolarque y pariente de los marqueses de Urquijo. Su madre, ya fallecida, fue durante años tesorera de la Alianza Popular de Manuel Fraga. Por parte de madre, y siempre según el diario Ara, el ultraderechista detenido este jueves es primo del actual ministro de Defensa, Pedro Morenés Eulate. Una de las hermanas de Iñigo Pérez de Herrasti, María, está casada con el secretario de Estado para la Unión Europea, Iñigo Méndez de Vigo. A su vez, una hermana de Méndez de Vigo, Beatriz, es secretaria general del Centro Nacional de Inteligencia, uno de los cargos de mayor rango del espionaje español.

3 comunista independentista

Claro que non foi ningún nacionalista o 22M, fomos os independentistas. Os nacionalistas nin estades nin se vos agarda. O voso non é a movilización, senon trollear e intoxicar na rede.

4 I like to move it

Ir mendigar a Madrid é a mobilização?

5 comunista independentista

Os únicos que foron a mendigar a Madrid foron o Paco Zarzuelas, Olaia Davila, Paco Jorquera, Guillerme Vázquez,... con peloteo o Borbón incluido no caso do Zarzuelas.

6 I like to move it

Bom, pois a ver se Rajoi vos escoita e vos concede algo do que fostes suplicar de passeio pola capital do vosso reino bubónico. Agora que o vosso Messias já nos revelou que a independência da Galiza é inviável e que, em consequência, temo-nos que diluir na social-democracia processional espanhola sobre a que repousam tantos governos do PP.

7 LKI

Quen leva 32 anos mendigando a Madrid é o BnG, controlado pola UPyG do Zarzuelas & CIA.

8 I like to move it

É mesmo assim. E agora queredes mendigar vós para acabar de pagar o piso com as esmolas de Madrid.

1 Metílico

Intoxica que algo queda. A versão inicial foi repetida a fartar em todos os media. Esta, passará desapercebida. O efeito que se pretendia já foi alcançado.