Case 5.000 galegos seguen en ERTE por mor da pandemia

Chegaron a ser 175.000 no peor momento da crise sanitaria.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/01/2022 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, asegurou que menos de 5.000 persoas permanecen en ERTEs derivados da Covid, fronte ás 175.000 que houbo durante o peormomento da pandemia. Miñones reiterou tamén a súa confianza na capacidade das empresas galegas para captar fondos do Plan de Recuperación.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, nas instalacións de Delta Vigo en Nigrán
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, nas instalacións de Delta Vigo en Nigrán | Fonte: Delegación do Goberno.

O descenso dos ERTES, unido á recuperación das taxas deafiliación a niveis prepandemia, é para a Delegación do Goberno, "unha mostra da confianza dos empresarios e empresarias de Galicia no proceso de recuperación económica".

José Miñones detallou que, nos últimos meses, se están intensificando os contactos, reunións e visitas a colectivos de distintos sectores e empresas ao longo de Galicia para pór en común os desafíos que enfrontan os fondos europeos para a recuperación postpandemia.

Destes encontros, o delegado asegurou que as empresas galegas "están preparadas e concienciadas do que supoñen os fondos do Plan de Recuperación para España e para Galicia e do seu papel protagonista no camiño cara unha España xusta, sustentable, dixital e inclusiva".

Miñones tamén lembrou que, no ano 2021, o Goberno xa abonou máis de 11.000 millóns de euros do Plan de Recuperación e que entre este ano e o próximo debe comprometer e investir o restante ata alcanzar o total de 70.000 millóns de euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta