Rescatado un escalador con fracturas no Parque do Xurés

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/01/2022 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia rescataron un escalador que resultou ferido cando practicaba este deporte no coto das Gralleiras, no Parque Natural do Xurés, en Muíños (Ourense).

A Reserva Gerês-Xurés, en Galicia.
A Reserva Gerês-Xurés, en Galicia.

Segundo informou o CIAE 112, pasaban das 16,30 horas cando un home contactou ao 112 Galicia para dar conta do suceso e avisar de que o escalador necesitaba asistencia médica urxente tras caer desde unha altura. Ademais, explicou que se atopaba nunha zona de rochas de difícil acceso.

Ante iso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia púxose en marcha un operativo que contou coa intervención dos profesionais sanitarios, do GES de Muíños, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Xa no lugar, os equipos de intervención confirmaron ao 112 Galicia que o home presentaba varias fracturas e que procedían á súa evacuación ata Portela de Pitões, onde os esperaba unha ambulancia para o traslado ao centro hospitalario de referencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta