Marexada política co Estatuto

As deliberacións da ponencia da reforma non fixeron máis que comezar e xa están dando máis dunha dor de cabeza aos partidos políticos. Populares, socialistas e nacionalistas acusanse mutuamente de intoxicar á prensa e de tentar distorsionar o traballo deste órgano parlamentario, mentres que o acercamento de posicións sobre esta materia entre Quintana e Núñez Feijóo está a causar malestar en Touriño.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/07/2006

Comparte esta noticia

Nos últimos días as diferencias entre nacionalistas e socialistas foron a máis, xa que mentres os primeiros son partidarios da "maior transparencia posible", os segundos prefieren que a Ponencia traballe sen presións mediáticas. Non obstante, ambos os dous denuncian ao PPdeG por "intoxicar" a determinados medios de comunicación.

En troques, os populares respostan que son, precisamente, os socialistas e os nacionalistas os máis interesados en que non se fagan públicas as suas diferencias e se amosan partidarios, tamén, de que a Ponencia traballe en privado sen facer públicas todas as súas sesións aos medios.

Por outra banda, o acercamento de posturas sobre a reforma estatutaria entre Quintana e Feijóo está a causar un profundo malestar no presidente da Xunta. Dende o entorno de Touriño consideran unha "maniobra política" a estratexa do BNG para tentar "aillar" ao PSdeG. Aseguran que os nacionalistas están actuando "por libre" dende que a pasada semana manifestaran a súa oposición e malestar pola aprobación das televisións dixitais no Consello da Xunta.

Dende o BNG din que os socialitas teñen "envexa" da posición "rotunda" do Bloque neste proceso e critican que non sexan "contundentes" na reforma estatutaria. "Non hai un posicionamento claro. Non teñen unha proposta de Estatuto e un día din unha cousa e outro, outra. Así isto non funciona e parece que lle fan o xogo aos populares", apuntan.

O PPdeG, sabedor das diferencias entre os socios do bipartito, está tentado aproveitar o momento para tensionar aínda máis a relación entre socialistas e nacionalistas. Feijóo tenta aproveitar as ofertas de pacto de Quintana para tentar aillar a Touriño

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA