Por GC Tendencias | Pontevedra | 25/04/2014 | Actualizada ás 18:00
Os expertos do Banco do Libro destacaron a “clara intención” das obras postuladas “por establecer diálogos con temas tabú tanto da nenez como da mocidade”: a morte, a pobreza ou a crítica social son argumentos comúns a nivel literario e plástico para lograr “unha conexión co lector dende a esperanza e o imaxinativo, o lúdico e o propositivo”, a base de historias cuxa voz narrativa sitúase “na perspectiva da amizade, das relacións familiares, do respecto e da aventura”.
Dende o Banco do Libro referíronse a “El idioma secreto”, que xa conta co Premio Internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para Nenos e co Premio da Fundación Cuatrogatos, como un libro “único, necesario e indispensable en casas, colexios e bibliotecas para nenos de todas as idades”. Sobre “Bandada”, galardoado co V Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado e incluido na selección The White Ravens, destacaron a súa elegancia e a súa capacidade para “facer reflexionar o lector sobre o camiño que realmente desexamos para a nosa sociedade”.
A selección Los Mejores Libros para Niños y Jóvenes conta cun gran recoñecemento en Iberoamérica e a entidade que a promove destaca pola súa dedicación, dende 1960, á democratización do libro e da lectura como ben cultural e ferramenta para o desenvolvemento integral do país.
Con esta iniciativa, o Banco do Libro aposta por “continuar tendendo pontes coa lectura e ofrecer unha vía posible para axudar a transitar harmoniosamente as moitas visións do mundo e exercer a cidadanía, que é a capacidade de convivir coas diferenzas”
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.