Luís Álvarez estréase como portavoz nunha xornada marcada pola ausencia de Gonzalo Caballero, con síntomas Covid

O ex secretario xeral do PSdeG permanece illado depois de que un dos seus fillos dera positivo en Covid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2022 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

O Partido Socialista de Galicia reordenou os escanos dos seus deputados no Hemiciclo do Pazo do Hórreo tras o nomeamento de Luís Álvarez como portavoz en sustición de Gonzalo Caballero. Os cambios materializáronse no primeiro pleno do novo período de sesións e prodúcense despois do proceso interno no que Valentín González Formoso se impuxo como secretario xeral do PSdeG a Caballero.

A nova dirección do PSdeG designou a Luís Álvarez como novo portavoz dos socialistas na Cámara galega, de forma que o parlamentario lucense pasa ao escano que antes ocupaba Gonzalo Caballero, quen estaba acompañado na primeira fila de Pablo Arangüena, Paloma Catro e Patricia Otero.

Cos cambios, Luís Álvarez, que se estreará este mércores na sesión de control ao presidente da Xunta, estará acompañado na primeira fila dos novos viceportavoces: Begoña Rodríguez Rumbo, Julio Torrado e Leticia Gallego.

Así as cousas, Gonzalo Caballero estará no cuarto escano da segunda fila, que ocuparán Patricia Otero, Juan Carlos Francisco, Carmen Rodríguez da Costa, o propio Caballero e Noa Díaz. Pola súa banda, na terceira fila estarán Pablo Arangüena, Paloma Castro e Mariña Ortega; mentres que Martín Seco e Noelia Otero ocuparán a última.

A estrea da nova organización dos escanos estivo marcado pola ausencia de Gonzalo Caballero, quen xustificou a súa ausencia á sesión e explicou a través do seu perfil da rede social Twitter que permanecía illado no seu domicilio con síntomas despois de que un dos seus fillos dese positivo en covid.

O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, en rolda de prensa. PSDEG
O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, en rolda de prensa. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta