Galicia segue á cabeza do Estado en suicidios: "está peor que nunca"

A Plataforma Antisuicidios de Lugo defende máis dotación de psicológos na seguridade social: "non todo o mundo pode pagar sesenta euros por unha consulta".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2022 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

O portavoz da Plataforma Antisuicidios, Román Reyes, afirmou este martes en Lugo que "a situación", en canto á problemática das persoas que se quitan a vida, "está peor que nunca". A falta dos datos de 2021, os do ano 2020 deixan un balance de case 4.000 persoas que se suicidaron en España, "pouco máis de 3.900" fronte ás 3.671 persoas do ano anterior (2019).

No entanto, Reyes avisou de que esta cifra podería "triplicarse", ao non terse en conta outras formas que acabar coa vida dun como ocorre con "os accidentes de tráfico. Por parte da Plataforma, avisaron que esta situación se viu acrecentada coa pandemia, e lamentou que desde as distintas administracións non se puxo remedio a este alto número de persoas que se quitan a vida.

En canto ás causas, Reyes aferrouse a que "non é experto" aínda que se refire ao caso da súa nai que se sucidou en 2019 por "unha depresión", o que lle levou a concluír que estamos ante "crimes de estado" onde non se ten en conta "a desesperanza" das persoas. Seguidamente pon en valor a necesidade de que os psicólogos se incorporen ao "sistema público de saúde", apelando a que "moitas persoas non se poden permitir pagar sesenta euros por unha consulta".

PORCENTAXE ALTA

Unha situación á que non é allea Galicia "cun das porcentaxes máis altas a nivel nacional", indicou Román Reyes, que engade que "é obvio que se as cifras son as máis altas terían que porse en marcha medidas que estean á altura" desta alta mortalidade. Reyes, que participou nunha iniciativa que puxo en marcha a funeraria lucense Serfuja para colaborar na prevención do suicidio, concluíu que esta era a principal causa de "morte non natural en España".

Depresión, suicidio, enfermidades mentais
Depresión, suicidio, enfermidades mentais | Fonte: Pixabay - Daniel Reche

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta