Briga nega a súa participación na manifestación do 22M en Madrid

Acusa ao director da Policía de tentar "criminalizar" a súa organización.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2014 | Actualizada ás 08:53

Comparte esta noticia

A organización independentista Briga nega a súa participación nos enfrontamentos entre manifestantes e policías que tiveron lugar o pasado 22 de marzo nas marchas da Dignidade de Madrid.

Manifestación de Briga en Santiago
Manifestación de Briga en Santiago | Fonte: Galiza contrainfo

 

Durante a súa comparecencia o pasado día 23 de abril no Senado, o director xeral da Policía citou a esta organización como participante nestes disturbio. Ademais, Ignacio Cosidó, compareceu para advertir dunha suposta "radicalización" das protestas populares.

 

Ante estas acusacións, Briga denuncia que o Cosidó "mente consciente ou inconscientemente" sobre a participación desta organización co "obxectivo criminalizador indiscriminado". Por iso, acusa á Policía de realizar exercicios de "autopropaganda e vitimizaçom" e de "mentir" descaradamente. Ao mesmo tempo solidarizase cos detidos e as vítimas destas protestas por parte dos corpos de seguridade do estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario