A louseira ourensá Cupa vendida ao fondo de investimento canadense Brookfield

Cupa Group é dirixida por Javier Fernández, que se mantivo no accionariado tras a entrada de Carlyle.

Por E.P. | Ourense | 27/01/2022 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

A firma de investimento canadense Brookfield adquiriu a louseira galega Cupa Group --con sede en Carballeda de Valdeorras-- a Carlyle por un importe de 900 millóns de euros, segundo confirmaron fontes do sector.

A louseira, fundada en 1892 e presente en nove países, rexistra cuns ingresos anuais superiores aos 400 millóns e realizou varias adquisicións os últimos dous anos, como a de Rinus Roofing Supplies, Proinor ou Lousas Galegas, entre outras.

Ademais, o grupo tamén creceu orgánicamente grazas á diversificación da súa actividade: tamén opera no sector da pedra natural a través de Cupa Stone.

A compañía era propiedade de Carlyle desde 2016, cando realizou o investimento a través do seu fondo Carlyle Europe Partners IV. O importe desa transacción non foi desvelado.

Actualmente, Cupa Group é dirixida por Javier Fernández, que se mantivo no accionariado tras a entrada de Carlyle. Segundo adiantou o 'Diario de León', Fernández seguirá á fronte da compañía.

Traballadores de Cupa Group
Traballadores de Cupa Group

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta