Por Galicia Confidencial | OURENSE | 29/01/2022 | Actualizada ás 17:28
Un incendio forestal atópase activo no municipio ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que entrou desde Portugal e afecta o parque natural do Xurés.
Segundo informa a Consellería do Medio Rural, o lume chegou á comunidade galega sobre a 16,00 hora e afecta a unha superficie ao redor dunha hectárea de terreo galego, segundo as primeiras estimacións provisionais. No seu control traballan un helicóptero do servizo de incendios da Xunta, dúas motobombas, catro brigradas e un axente. Ademais, tamén participan medios portugueses no operativo.
Precisamente, as queimas forestais e agrícolas están prohibidas en Galicia desde este sábado debido á situación meteorolóxica, mentres se reforza o despregamento no terreo de membros da Unidade de Investigación de Incendios Forestais ( UIFO).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.