Raigame presenta o segundo número da triloxía dedicada á investigación arqueolóxica en Ourense desde 1920

Por E.P. | Ourense | 03/02/2022 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

A revista Raigame presentou este xoves o segundo número da triloxía dedicada á investigación arqueolóxica na provincia de Ourense desde 1920. A Deputación de Ourense acolleu a presentación deste número dunha publicación coa que a institución provincial "leva colaborando desde os seus inicios, porque unhas das liñas fundamentais da política cultural deste goberno provincial é a difusión e posta en valor do patrimonio", dixo o seu vicepresidente, César Fernández.

Presentación do número 46 de Raigame
Presentación do número 46 de Raigame | Fonte: Deputación de Ourense.

No acto tamén estiveron presentes o director de Raigame, Xulio Fernández Senra, e o secretario da mesma, Javier Álvarez. Segundo Fernández, a revista "é un traballo singular sobre o patrimonio cultural da provincia, que se caracteriza polo seu alto valor científico, calidade investigadora e, ademais, literaria".

Ademais, o director engadiu "que achega ao patrimonio material e inmaterial tan numeroso no territorio ourensán", converténdose nun documento de referencia "non só para coñecer o patrimonio, senón para trasladalo ao exterior desde a visión de persoas moi experimentadas e documentadas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta