A Xunta enfría o triunfalismo do Goberno co AVE: "só chegou a Ourense, non a Galicia"

Ethel Vázquez incide que o AVE galego "pode quedar coxo" se non se procede ao cambio de vía entre Santiago e Ourense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2022 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, avisa de que "o AVE a Galicia pode quedar coxo" se non se cambia o actual ancho ibérico de vía a internacional entre Santiago e Ourense. En declaracións aos medios nun acto en Crecente, a conselleira explicou que solicitou ao Ministerio de Transportes unha reunión para abordar un informe realizado pola Xunta en relación coa planificación necesaria que posibilite o cambio de ancho de vía de ibérico a internacional.

E é que alerta de que a non existencia de ancho internacional "impide que trens de alta velocidade entre Santiago e Ourense poidan circular a 300 quilómetros hora", polo que "teñen que facelo a 220 quilómetros por hora como consecuencia dese ancho de vía ibérico na rede galega". "Vemos que, se non se procede a ese cambio de ancho de vía, non se sacará o máximo rendemento de alta velocidade a Galicia e a alta velocidade a Galicia pode quedar coxa", asegura.

A conselleira critica que se "impide que se cumpran eses tempos comprometidos e competitivos de alta velocidade a Galicia ao resto de cidades galegas". Ethel Vázquez apunta que o AVE "só chegou a Ourense", pero están "preocupados como vai chegar alta velocidade ao resto de cidades".

Igualmente, quéixase de que "se condiciona o futuro da alta velocidade en Galicia por diferentes motivos", posto que "se impide a entrada de novos operadores privados diferentes a Renfe que poderían ofrecer máis frecuencias e tempos máis económicos". "As expectativas de alta velocidade a Galicia non se cumpren, as expectativas dos galegos non se cumpren", quéixase a conselleira de Infraestruturas.

Tren AVE coa insignia do Xacobeo / Renfe. / Europa Press
Tren AVE coa insignia do Xacobeo / Renfe. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta