"En Compostela non hai neve, só fariña onde está Feijóo"

Volveu falar Beiras pero non no Parlamento. O líder de AGE aproveitou unha conferencia de prensa para acusar a Feijóo e ao PP de "moralmente delincuentes" e ao presidente da CEG de "analfabeto funcional".

Por Galicia Confidencial | Compstela | 06/05/2014 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

"Non penso autoobligarme a asistir de espectador salvo cando me interese a min". Así respondeu este martes Xosé Manuel Beiras ao ser preguntado polas súas continuadas ausencias na Cámara galega ante os rumores de que a idade pode estar pasandolle factura.

Xosé Manuel Beiras durante un mitin
Xosé Manuel Beiras durante un mitin | Fonte: Paco Gallego

 

Lonxe diso, Beiras retornou coas baterías cargadas e disparou contra todos. Contra Feijóo, contra os populares e contra o presidente dos empresarios galegos. Foi nos almorzos ON/OFF que organiza o Colexio de Xornalistas.

 

O líder de AGE xustificou a súa ausencia na Cámara no funcionamento plenario en canto ás preguntas ao presidente da Xunta e dixo que a actuación dos órganos de presidencia do Parlamento e do propio Alberto Núñez Feijóo son "unha ofensa á Cámara".

 

"Está o Parlamento ao servizo do presidente executivo, no canto de ser ao revés. Altérase a orde do día para iso", indicou sobre a necesidade de comunicar por escrito as preguntas a formular oito días antes do pleno.

 

Neste sentido, sostivo que a Núñez Feijóo só lle poden preguntar os portavoces e que hai que comunicar á Presidencia do Parlamento quen fará as preguntas, polo que "como temos o acordo de que as faga Yolanda Díaz, eu só podo asistir de oínte".

A "fariña" de Feijóo

O líder de AGE tamén aludiu as fotos de Feijóo co narco Marcial Dorado e dixo que o Parlamento está convertido na "casa dos mortos" de Dostoievski. "Aínda que en Compostela non hai neve, só haina onde está el, ou fariña, que as dúas son brancas ata que as manchas", engadiu.

 

Beiras, partidario de que o tempo poña "as cousas no seu sitio", insistiu en que o que "importan son os cidadáns cando un está nunha loita política", e asegurou que cando ten que tomar decisións sempre escoita máis aos cidadáns que aos militantes.

"Delincuentes"

Ademais, acusou de "moralmente delincuentes" ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "e compañeiros" por cuestionar os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA). "É unha indecencia que o presidente da Xunta e dirixentes do PP digan que os datos da EPA non son correcto". É un crime social", dixo.

 

Tamén, e preguntado polas declaracións do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Fernández Alvariño, nas que afirmou que os sindicatos "se equivocan" cando formulan un emprego de "calidade", asegurou que é "un analfabeto funcional e un vendido".

 

"Ou é un estúpido ou sabe que está a mentir", sinalou Beiras, para quen estes integrantes da CEG son "funcionarios dunha organización que non representa nin sequera ao empresariado", apuntou.

Lidia Senra e Ana Miranda

Beiras tamén dixo que Lidia Senra é a mellor candidata de AGE para os comicios europeos e dixo que pode "retroalimentar a revolución cívica" en Europa. Preguntado pola candidata do BNG ás europeas Ana Miranda, evitou polemizar e manifestou que é "unha persoa moi eficiente e moi activa", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

14 O CHUCO

Cando todo ó nacionalismo tiña que estar NUNCA MÁIS unido, frente a toda a dereita ó enemigo común, pois non todos a rifar entre todos, como as putas baratas de antaño, todo por envexa, por ir a política pra facer diñeiro, por interés, porque nadie quere ir por cambiar A NOSA TERRA, A SOCIEDADE PRA MELLOR, NON, MIRANDO ISTO, ESTÁ CLARO. GALICIA TIÑA QUE TER UN FRENTE COMÚN, DEMPOIS XA SE DISCUTIRA DENTRO, PERO SIN TANTA LIORTA, TAMÉN, DE SI AS POMBAS EMPREÑAN, PORQUE PARECES CATIVOS, GALICIA TEN UNHA MANEIRA DE SER A SUA POBOACIÓN TAMÉN, IMOS RESPETALA. VALE. MENOS INTERÉS PERSOAL, MENOS PROTAGONÍSMO, MENOS SAIR NA AFOTO. REALIDADES, TRINTA ANOS BEIRAS, BNG, CAMILO, TODOS NADA DE NADA.

13 viño das vieiras

o gourmet "mariscadas da fame" de corcubion percebeiro calisquer galego ten mais posibilidades de ser presidente da xunta que este señor, os argumentos do vello son cada día mais pateticos, das puñadas polos escanos as puñadas polas linotipias, a buscar un flash, que a xente crea que traballa algo no parlamento cando seguro que é o deputado mais absentista de todos e iso que hai algun do partido popular que valgame Deus... Outra vez na busqueda do voto perdido, seguramente esta vez para sempre, non se pode enganar tanto no AGE na ANOVA, tanta traizon, tanta trapallada... video contra a democracia o UN - https://www.youtube.com/watch?v=I15...

12 Independentista

Grande Beiras. O unico que lle fai mal a Feijoo. E pateticos os pitufos UPG : son quen de defender as multinacionais farmaceuticas para atacar a Lidia Senra,de defender aos narcos para atacar a Beiras.

11 undevijo

Mentras Ana Miranda fai o ridículo facendo campaña contra AGE o Beiras ataca o PPsoe....cada un ten as suas prioridades...

1 Traballar pra os de Fora

O día que Ana Miranda faga o ridículo, Despidos Senra será a Anana Mari Bárbola pintada por Velázquez.

10 undaqui

Pois eu penso que o vello é moito máis listo do que moita sente pensa, e coas súas barbaridades consigue monopolizar o debate (Beiras versus Feijoo) as portas das eleccións europeas. Chamádelle burro ao cabalo!!!

1 Deus Voloconserve

Pois eso un cabalo que tira como os burros levando o carriño dos de fora que entraron no Parlamento da súa man e hoxe son máis e mandan máis que el. E eso agora que cando non estea nin Martiños nin FPG nin Despidos Senra, PCE as secas e mesetarias.