"En Compostela non hai neve, só fariña onde está Feijóo"

Volveu falar Beiras pero non no Parlamento. O líder de AGE aproveitou unha conferencia de prensa para acusar a Feijóo e ao PP de "moralmente delincuentes" e ao presidente da CEG de "analfabeto funcional".

Por Galicia Confidencial | Compstela | 06/05/2014 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

"Non penso autoobligarme a asistir de espectador salvo cando me interese a min". Así respondeu este martes Xosé Manuel Beiras ao ser preguntado polas súas continuadas ausencias na Cámara galega ante os rumores de que a idade pode estar pasandolle factura.

Xosé Manuel Beiras durante un mitin
Xosé Manuel Beiras durante un mitin | Fonte: Paco Gallego

 

Lonxe diso, Beiras retornou coas baterías cargadas e disparou contra todos. Contra Feijóo, contra os populares e contra o presidente dos empresarios galegos. Foi nos almorzos ON/OFF que organiza o Colexio de Xornalistas.

 

O líder de AGE xustificou a súa ausencia na Cámara no funcionamento plenario en canto ás preguntas ao presidente da Xunta e dixo que a actuación dos órganos de presidencia do Parlamento e do propio Alberto Núñez Feijóo son "unha ofensa á Cámara".

 

"Está o Parlamento ao servizo do presidente executivo, no canto de ser ao revés. Altérase a orde do día para iso", indicou sobre a necesidade de comunicar por escrito as preguntas a formular oito días antes do pleno.

 

Neste sentido, sostivo que a Núñez Feijóo só lle poden preguntar os portavoces e que hai que comunicar á Presidencia do Parlamento quen fará as preguntas, polo que "como temos o acordo de que as faga Yolanda Díaz, eu só podo asistir de oínte".

A "fariña" de Feijóo

O líder de AGE tamén aludiu as fotos de Feijóo co narco Marcial Dorado e dixo que o Parlamento está convertido na "casa dos mortos" de Dostoievski. "Aínda que en Compostela non hai neve, só haina onde está el, ou fariña, que as dúas son brancas ata que as manchas", engadiu.

 

Beiras, partidario de que o tempo poña "as cousas no seu sitio", insistiu en que o que "importan son os cidadáns cando un está nunha loita política", e asegurou que cando ten que tomar decisións sempre escoita máis aos cidadáns que aos militantes.

"Delincuentes"

Ademais, acusou de "moralmente delincuentes" ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "e compañeiros" por cuestionar os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA). "É unha indecencia que o presidente da Xunta e dirixentes do PP digan que os datos da EPA non son correcto". É un crime social", dixo.

 

Tamén, e preguntado polas declaracións do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Fernández Alvariño, nas que afirmou que os sindicatos "se equivocan" cando formulan un emprego de "calidade", asegurou que é "un analfabeto funcional e un vendido".

 

"Ou é un estúpido ou sabe que está a mentir", sinalou Beiras, para quen estes integrantes da CEG son "funcionarios dunha organización que non representa nin sequera ao empresariado", apuntou.

Lidia Senra e Ana Miranda

Beiras tamén dixo que Lidia Senra é a mellor candidata de AGE para os comicios europeos e dixo que pode "retroalimentar a revolución cívica" en Europa. Preguntado pola candidata do BNG ás europeas Ana Miranda, evitou polemizar e manifestou que é "unha persoa moi eficiente e moi activa", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

9 Non vai vello vai secuestrado

É moito dos Beiras: a exaltación do traxe, o toliño das verdades ao servizo dos forasteiros, e logo os coros y danzas nas festas de IU do Noroeste. Si xa nin pode ir ao Parlamento porque é Yolanda a que fai as preguntas e a que quedou co sitio do deputado por Ourense que marchou. O do enfado ca Carmiña é teatro do mao da época do realismo socialista eurostalinista. Coidadeo que a pena non deixa seguir falando.

8 Un pouco caro

O Mesías decidiu que era moi cedo ir ao parlamento ás 10 da mañá e xa nin pasa por ali. Limitase a facer un comentario destes cada 3-4 meses. Nos sae aos galegos a 15.000 - 20.000 euros por comentario. E nin sequera o pensa que tanto chama nacista a Feijoo como o homenaxea http://www.lavozdegalicia.es/notici...

7 Antolín Mera Parracho Pintos

Beiras sublime e atinado coma sempre. Non hai máis que ver os comentarios dos trolls de NOS-UPG

6 Retrinco

O vello Beiras, xa nin gracia ten. So di parvadas. Desvaría. Será coa fariña? Probiño. Os anos non pasan de balde. A que espera Martiño paa coller o relevo? Os vellos non deben perpetuarse, dicía Castelao.

1 Erras

Castelao dicía Os vellos non deben namorarse.

2 Erras

Castelao dicía Os vellos non deben namorarse.

3 SantiBurringuez

Eso digo eu, o vello de Beiras está mal da cabeza. Aquí o que está ben da cabeza son eu, que falo o galego que nin Dios y logo veñen a decir todos esos comunistas da AGE, de Anova y de Esquerda Unida que non. O que pasa é que lle teñen envidia ao BNG y a un concellal como eu do concello de Vigo que leva ben alto o nome de Galiza y de o BNG, con un galeguismo modelno y non paleto como outros. Eu vou a organizar algo importante aquí en Vigo para promover a cultura popular. Xa o outro día colaborei coa casa de Andalucía de Vigo y organizamos unha feria de abril que para si a quixera o propio barrio de Triana, pero eso si, todo en clave galeguista y rociera. Bueno, pues todavía estou esperando as felicitacións por esta nova inciativa da miña incansable labor municipal y non me chegan. Xa me estou cansando, ¿eh? Vou a cabrearme, y como me cabree...

4 Artur

A pena é que velliño como é tan só unha das súas neuronas non teria sitio no teu aserrinado maxín.....Hala, a seguir lemabéndo-lle o orto aos teus patróns de Madrí a cambio de tan magro soldo de mercenario e cipàio........Eu a votar Bildu-BNG......

5 undevijo

Falan os comecús do PSOE.....que peniña dades.....4.000.000€ de pufo,mangants....

5 53%deAnova

O globo do SorPazo das vieira gorda pinchou e so lle queda soltar paridas como bo pallaso histriónico para tratar de chuchar na cámara. De aquí ás eleccións nos agarda unha parvada diaria. Empezou co de REsistencia Galega ás Vacinas e segue agora con este tema mía gastado que este pobre vello.