A Xunta avanza na primeira lei do clima de Galicia para enfrontar a emerxencia climática

A próxima semana abrirase o período de consulta pública previa desta normativa coa que recoñecer o clima como "suxeito de dereito da sociedade".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/02/2022 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou unha batería de medidas para facer fronte aos efectos do cambio climático e declarou así o seu compromiso de actuar ante a emerxencia climática.Segundo explicou o presidente, Alberto Núñez Feijóo, analizáronse este xoves as iniciativas máis inmediatas para "seguir mellorando a capacidade de resposta" da sociedade a este fenómeno global e, sobre todo, para "impulsar o traballo realizado na última década".

Cambio climático
Cambio climático | Fonte: WWF España.

A Xunta reivindica que Galicia acuñou varios fitos importantes nos últimos anos, entre os que destacan a aprobación da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050, a Estratexia de economía circular 2030 e a Lei de residuos e chans contaminados.

Esta folla de ruta engrosarase en breve, pois a próxima semana abrirase o período de consulta pública previa da primeira Lei do clima de Galicia, o primeiro paso para ter un instrumento con rango de lei co que recoñecer o clima como "un suxeito de dereito da sociedade" e acelerar o camiño para garantir a preservación dos recursos naturais e a recuperación e fortalecemento da economía.

Así mesmo, a Xunta comprométese a revisar a Estratexia galega de cambio climático e profundar na súa contribución para conseguir os obxectivos da Unión Europea de redución do 55% de emisións no 2030, unha meta que asume coa confianza de contar xa cun 23,8% menos respecto de 1990, 32 puntos por enriba da media estatal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta