Os casos activos de Covid baixan a 38.640, case a metade dos que había hai tres semanas

Outras tres persoas, dous octoxenarios e un nonaxenario, con patoloxías previas morren por coronavirus nas últimas horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2022 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 seguen en descenso en Galicia e sitúanse en 38.640, que supoñen 3.571 menos que a xornada anterior, así como os novos contaxios, que baixan a 1.652 --case medio milleiro menos que o día pasado--, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus aumentan a 663, que implican 22 máis. Pola súa banda, a taxa de positividade sobe lixeiramente a un 14,3 por cento no conxunto de Galicia.

Varias persoas fan cola para facerse PCR, nun punto móbil de PCR gratuítas no Naútico de Vigo, a 23 de decembro de 2021, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España). Decenas de persoas fixeron máis de tres horas de cola desde esta madrugada para fai. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Varias persoas fan cola para facerse PCR, nun punto móbil de PCR gratuítas no Naútico de Vigo, a 23 de decembro de 2021, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España). Decenas de persoas fixeron máis de tres horas de cola desde esta madrugada para fai. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este luns con rexistros ata as 18,00 horas deste pasado domingo, recollidos por Europa Press, descenden a 44 as persoas hospitalizadas pola Covid-19 en UCI en Galicia --unha menos--, pero aumentan a 619 as ingresadas noutras unidades convencionais --23 máis--, mentres que 37.977 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana había 737 hospitalizados.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en todas, salvo na de Pontevedra e O Salnés, que se mantén sen cambios con cinco pacientes Covid en UCI e 89 noutras unidades. No caso da de Lugo aínda que descenden a catro os pacientes ingresados pola Covid en UCI --un menos--, aumentan a 58 os ingresados noutras unidades --nove máis--; mentres que na da Coruña e Cee seguen 13 en críticos e soben a 160 os doutras unidades --cinco máis--.

Tamén a área de Ourense mantense sen cambios en UCI, con seis ingresados, pero conta con 112 pacientes noutras unidades --cinco máis--; mentres que na de Ferrol continúa un en críticos e aumentan a 39 os hospitalizados noutras unidades --dous máis--.

Na área de Vigo seguen oito pacientes ingresados en UCI e aumentan a 78 os que se atopa noutras unidades --un máis--; así como na de Santiago e Barbanza, que segue con sete en críticos e rexistra 83 noutras unidades --un máis--.

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos seguen en descenso nesta sexta onda e sitúanse nos 38.640, que supoñen 3.571 menos ao haber máis altas (5.220) que novos contaxios (1.652), ao que se engaden tres falecementos. O luns anterior había 53.706.

As infeccións activas descenderon nas sete áreas sanitarias, coa de Vigo á cabeza (-1.057), seguida da de Santiago e Barbanza (-842), A Coruña e Cee (-637), Lugo (-371), Pontevedra e O Salnés (-310), Ourense (-197) e Ferrol (-175).

Deste xeito, con máis casos activos mantense a área de Vigo, con 8.649; seguida da da Coruña e Cee, con 8.484; Santiago e Barbanza, con 8.822; Pontevedra e O Salnés, con 4.320; Lugo, con 4.044; Ourense, con 4.035; e Ferrol, con 1.910.

BAIXAN OS CONTAXIOS

Os novos contaxios tamén manteñen a tendencia descendente e sitúanse en 1.652 no inicio desta semana, que supoñen 492 menos que os 2.144 deste pasado domingo. Hai unha semana, o pasado luns 7 de febreiro, detectáronse 2.738. Dos 1.652 novos casos abertos nas últimas 24 horas 347 corresponden á área de Vigo; 345, á da Coruña e Cee; 292, á de Santiago e Barbanza; 209, á de Ourense; 180, á de Pontevedra e O Salnés; 169, á de Lugo; e 92, á de Ferrol.

Na xornada pasada realizáronse outras 3.670 PCR que elevan a 3.640.605 as probas feitas desde o inicio da pandemia en Galicia e 2.272 test de antíxenos, que suman 1.477.983 no conxunto de Galicia, o que supón 5.942 entre ambas.

A taxa de positividade --número de PCR positivas por cada 100 realizadas--, comeza esta semana no 14,3 por cento, tras baixar ao 13,82% este domingo, polo que se mantén por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

FALECIDOS E CURADOS

As persoas falecidas pola Covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden en Galicia a 3.038 ao notificar este luns a Consellería de Sanidade outras tres vítimas, todas elas con patoloxías previas.

En concreto, Sanidade informou de que os tres óbitos rexistráronse o pasado sábado 12 de febreiro e corresponden a dous homes de 83 e 93 anos falecidos na área sanitaria de Ourense e a unha muller de 89 anos que morreu na de Pontevedra e O Salnés.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta